Kids&Us my English
Trinity College London — Validated Course and Assessment Provider 76175

Solicita a certificación “Global Communication in English” de Trinity College London

Como Validated Course and Assessment Provider, e primeira institución de ensino de inglés do mundo en obter este estatus con Trinity, en Kids&Us podemos ofrecer, cos nosos cursos e exames, a certificación oficial “Global Communication in English” (GCE): unha certificación expedida por Trinity, regulada por Ofqual e aliñada co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

Sen exames adicionais.Sen cambiar a forma de aprender

Inscríbete antes do 30 de novembro de 2026 para que o teu fillo ou filla poida optar á certificación correspondente ao curso 2026-2027. Só tes que encher estes campos.

Como obterá o noso alumnado a certificación GCE de Trinity?

Niveis A1, A2, B1 e B2

Obtéñense por convalidación directa ao superar os exames de Kids&Us dos cursos Ben&Brenda, Animal Planet 2, Fairy Tales 2 e Mysteries 2, respectivamente.

As familias que queiran optar a estas certificacións só terán que abonar o seu custo.

Certificado oficial (en formato dixital)

Niveis C1 e C2

Obtéñense por convalidación directa ao superar os exames de Kids&Us dos cursos The Future 2 e Subscription 2, respectivamente.

As familias poderán optar a estas certificacións sen custo adicional, como recoñecemento á traxectoria do alumnado en Kids&Us.

Certificado oficial (en formato dixital)

Como funciona?

Para que saibades exactamente que esperar e cando, aquí tedes un resumo paso a paso:

  1. 1

    Ata o 30 de novembro

    Formalizades a inscrición para optar á certificación.

  2. 2

    Último trimestre do curso

    O voso fillo ou filla fai o exame final do seu curso en Kids&Us. Se necesita unha segunda oportunidade, poderá presentarse a unha convocatoria de recuperación antes de empezar o seguinte curso, sen custo adicional.

  3. 3

    Tras superar o exame

    Enviamos a Trinity os resultados do alumnado que aprobe o exame de Kids&Us.

  4. 4

    Aproximadamente dous meses despois

    Trinity emite e expide o certificado oficial en formato dixital. Tede en conta que este último paso xestiónao directamente Trinity, polo que recibiredes o certificado un tempo despois do exame. Se máis adiante queredes o certificado en papel, podedes solicitarllo directamente e abonar o custo adicional correspondente.

Esta alianza con Trinity College London demostra a robustez e a calidade do método Kids&Us. Por primeira vez, o noso alumnado pode obter un recoñecemento oficial grazas á aprendizaxe que ocorre na aula seguindo o método Kids&Us, sen necesidade de preparar un exame adicional.